Inicio Galicia José Balseiros toma posesión como novo director xeral de Gandaría, Agricultura e...

José Balseiros toma posesión como novo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural

0

Tamén tomou posesión do cargo de secretaria Xeral Técnica María Jesús Lorenzana


O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta mañá en San Caetano a toma de posesión de José Balseiros como novo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias deste departamento e director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), cargo que ocupaba ata o de agora Belén do Campo. No mesmo acto tamén xurou o seu cargo como secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, María Jesús Lorenzana, que vén substituír a Carmen Bouso.

O conselleiro do Medio Rural felicitou a ambos polo seu nomeamento e agradeceu a súa disposición por asumir esta nova responsabilidade. Neste sentido, encomendoulles a tarefa de traballar polo agro co obxectivo de que “a xente se sinta orgullosa de vivir no rural”. No caso concreto de María Jesús Lorenzana, José González sinalou que ten “as expectativas moi altas” e está seguro de que se cumprirán. No caso de José Balseiros, o conselleiro destacou a súa capacidade para o acordo. “Sabe escoitar, falar e dialogar”, declarou o titular de Medio Rural, unha virtude clave para tratar cos distintos sectores.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

José BalseirosJosé Silvestre Balseiros era ata o de agora deputado autonómico polo Partido Popular, vocal da comisión especial do forestal e de incendios e portavoz desta mesma área dentro do grupo parlamentario popular. Diplomado en Lingua Administrativa e Xurídica Galega e técnico informático na especialidade de aplicacións para a Administración Local, foi tenente de alcalde e rexedor do concello de Cercedo.

María Jesús LorenzanaA nova secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, María Jesús Lorenzana, ocupaba ata o de agora o mesmo posto na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e antes tamén en Traballo e Benestar. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, desde o ano 2007 foi letrada da Xunta de Galicia.  


- Te recomendamos -