Inicio Galicia Infraestruturas inicia as obras de mellora do asfaltado da PO-254 ao seu...

Infraestruturas inicia as obras de mellora do asfaltado da PO-254 ao seu paso polo concello de Mondariz-Balneario

0

O delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asegurou que os traballos contan cun orzamento de 48.300 euros


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís comprobou esta mañá o inicio das obras de reforzo do firme na estrada PO-254 ao seu paso polo concello de Mondariz-Balneario.

Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, así como polo xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez.

Os traballos, que contan cun orzamento de 48.300 euros, suporán o reforzo do firme localizado da PO-254, entre Ponteareas e Mondariz, nos puntos quilométricos 6+800 e 7+300 no municipio de Mondariz-Balneario.

O obxectivo da obra é a rehabilitación estrutural deste firme que se atopa moi afectado polo tránsito de vehículos, así como a reposición da sinalización horizontal. José Manuel Cores Tourís explicou que procederase dende hoxe ao reforzo do firme cun fresado de 5 centímetros de espesor do pavimento existente de mestura bituminosa. Posteriormente, e previo rego de adherencia, procederase á extensión e aplicación de nova mestura bituminosa.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

A sinalización horizontal realizarase mediante pintura acrílica de base acuosa, con 10 centímetros de anchura no eixo e 15 nas bandas laterais, e aplicarase ao longo de toda a estrada, dende Ponteareas ata Mondariz.

Os traballos contan cun prazo de execución de dous meses, e non será necesario expropiar terreos, xa que todos son de dominio público da estrada. Segundo explicou o delegado territorial, esta actuación é un claro exemplo do esforzo da Xunta por manter a rede de estradas autonómicas nas mellores condicións e que está a desenvolver a través do Plan de reforzos de firme. Unha aposta do Goberno galego pola conservación das estradas de titularidade autonómicas e polo incremento da seguridade viaria, que ten o seu reflexo nos orzamentos de 2018, cun incremento moi importante na súa dotación, pasando de 15 a 20 millóns de euros.“Estes investimentos demostran que para a Xunta a seguridade das estradas e a súa conservación son materias absolutamente prioritarias”, engadiu Cores Tourís, “porque estamos a falar da vida das persoas e non hai nada por enriba diso. E, neste senso, para a Xunta de Galicia, ten tanta relevancia a execución de novas estradas como a conservación en bo estado das existentes”.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

Explicou que a Consellería de Infraestruturas está a realizar tamén importantes esforzos tamén a través do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 e, máis concretamente, en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con este tipo de obras de conservación extraordinarias.

En definitiva, concluíu, a Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.


- Te recomendamos -