Inicio Galicia Hoxe comezaron as reunións de estudo e control da alta actividade incendiaria...

Hoxe comezaron as reunións de estudo e control da alta actividade incendiaria en parroquias nas provincias de Ourense e Pontevedra

0

Ángeles Vázquez presidiu a celebrada no concello de Dozón mentres que Marisol Díaz o fixo no concello da Gudiña

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá no concello de Dozón a primeira reunión de estudo e control da alta actividade incendiaria nas parroquias rexistradas no Pladiga como PAAI (parroquia de alta actividade incendiaria). Nela, sinalou que a loita contra os lumes é un problema de todos, polo que é preciso coñecer de primeira man os conflitos que poida haber na zona para definir as posibles causas desta situación.

A conselleira destacou que estas reunións de traballo pretenden poñer sobre a mesa as posibles causas dos incendios forestais nas 77 PAAI rexistradas este ano no Pladiga, co fin de poder actuar antes, durante e despois dos lumes. “Temos que analizar se hai problemas para poder atallalos con diálogo e disuasión”, de aí que un dos obxectivos destas xuntanzas sexa mellorar os mecanismos e a coordinación en materia de prevención, extinción e investigación de lumes e reforzar a cooperación cos corpos policiais nestas tarefas.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

Na xuntanza de traballo estiveron presentes representantes dos concellos de Dozón, Lalín e Silleda. Tamén participaron técnicos de Medio Rural, representantes da Garda Civil e da Policía Autonómica da zona e diferentes axentes sociais públicos e privados con presenza no territorio, tales como comunidades de montes.

En total haberá 15 reunións nas catro provincias, concentrando en cada un deles a varios municipios afectados e que contan actualmente con algunha das parroquias consideradas actualmente como de alta actividade incendiaria, que teñen esta condición ben polo número reiterado de incendios ou pola súa virulencia.

Reunión na GudiñaAdemais desta celebrada en Dozón, a delegada territorial da Xunta en Ourense presidía a organizada na Gudiña, á que tamén acudían representantes do concello da Mezquita. Neste caso, as PAAI analizadas foron en total 8, das cales 6 pertencen ao primeiro municipio e dúas ao segundo. Díaz Mouteira tamén destacou a necesidade de que todos os axentes que participan no territorio, sexan públicos e privados, deben involucrarse na loita contra os incendios forestais, dado que as consecuencias desta lacra aféctannos a todos.

Leer más:  Pontón lamenta la "oportunidad perdida" de la reunión entre Sánchez y Rueda, al que ve plegado a "la agenda del PP"

- Te recomendamos -