A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, visitou hoxe xunto co conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación da embaixada de España en China, Samuel Juárez, e as empresas galegas participantes na feira Seafood Expo Asia o mercado maiorista de peixe e marisco de Aberdeen. Alí coñeceron da man da Fish Marketing Organization (FMO) o funcionamento deste mercado, que presenta numerosas diferencias respecto do sistema de funcionamento e venda de peixe en Galicia.
A FMO é unha organización sen ánimo de lucro fundada no 1945. Promove a comercialización de peixes e mariscos e ofrece apoios á industria pesqueira de Hong Kong. Ten como finalidade garantir a calidade dos produtos mariños aos consumidores mediante sistemas de control. Durante a visita, a directora xeral aproveitou para convidalos a que veñan a Galicia a coñecer o sistema que se emprega desde fai décadas e que destaca por un recoñecido sistema de trazabilidade.
- Te recomendamos -