Inicio Galicia Galicia reciclou en 2017 máis de 58.000 toneladas de envases domésticos, dous...

Galicia reciclou en 2017 máis de 58.000 toneladas de envases domésticos, dous puntos por en riba do exercicio anterior

0

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, ofreceu en rolda de prensa os resultados do ano anterior, que indican que se avanza na consolidación do compromiso coa economía circular

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, avanzou esta mañá que no conxunto da Comunidade galega recicláronse máis de 58.000 toneladas de envases domésticos (58.038), un 2% máis que no ano anterior. Deste xeito, Galicia segue a avanzar da man da reciclaxe de envases que se depositan no contedor amarelo e azul (domésticos) cara unha sociedade máis circular.

Así o puxo de manifesto esta mañá a directora xeral de Calidade Ambiental na rolda de prensa de presentación dos resultados de 2017, xunto co xerente da Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez,Esta tendencia ascendente rexístrase tanto na reciclaxe de residuos que se depositan nos contedores amarelos (envases de plástico, latas e briks) e azul (envases de papel cartón). Así, en 2017 cada galego depositou 10,5 kg no contedor amarelos e 11,7 kg no azul. Este esforzo colectivo tivo o seu reflexo no balance nacional, xa que no conxunto de España se reciclaron 1.399.582 toneladas de envases domésticos, un 3,41% máis que no ano anterior.

Os resultados foron posibles grazas a un sistema colaborativo que integra a cidadáns, concellos e empresas, que avoga pola colaboración, a innovación e a educación e que traballa para ofrecer solucións e achegar a reciclaxe cada vez máis ao día a día dos cidadáns en todos os ámbitos da súa vida.

Nese sentido, ao longo de 2017 para achegar e facilitar a reciclaxe ao cidadán, o número de colectores amarelos e azuis postos a disposición dos galegos ascendeu aos 46.311, 1.622 unidades máis que no ano anterior, o que permite que practicamente o 100% da poboación teña acceso á recollida selectiva.

O xerente da zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez, destacou que os envases domésticos se consolidan como os residuos sólidos urbanos máis reciclados en España e na actualidade se alcanza unha taxa de reciclaxe do 77%.

Proxecto HorecaA directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático destacou que unha das iniciativas neste eido é o Proxecto Horeca, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, xunto cos concellos galegos -que se adhiren de xeito voluntario- para fomentar a recollida de envase no sector da hostalería cun dobre obxectivo: a formación e fomento da profesionalización do sector neste sentido e o fomento das taxas de achega de envases lixeiros e diminución da porcentaxe de impropios. Deste xeito, informase aos locais de como facer unha separación de envases en orixe, para realizalo dun xeito totalmente correcto, e convértese nun ecohostaleiro.

Esta iniciativa púxose en marcha este mesmo ano en varios concellos da provincia de Ourense, ao que se foron incorporando outros concellos da xeografía galega, como Santiago de Compostela, Laxe, Padrón, Vilalba, Ribadeo, Marín e a Mancomunidade do Morrazo… e na actualidade 1.000 establecementos de hostalería, restauración e catering participan activamente na mesma, cifra que se duplicará nos vindeiros meses.

Beneficios ambientaisA reciclaxe de envases realizada durante 2017 supuxo unha serie de beneficios directos sobre o medio ambiente. Non só se aforraron 1,3 millóns de toneladas de materias primas senón, tamén, 20,15 millóns de metros cúbicos de auga, o equivalente ao consumo de auga de Santiago de Compostela durante máis de catro anos, e de 5,8 millóns de megawatts/hora de enerxía eléctrica.

Tamén se evitou a emisión de 1,2 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou, o que é o mesmo, as emisións de 1/3 da poboación do país no traxecto por estrada Madrid- Barcelona. 


- Te recomendamos -