Inicio Galicia Galicia presenta a súa oferta turística no sudeste asiático na feira ITB...

Galicia presenta a súa oferta turística no sudeste asiático na feira ITB que congrega a preto de 1.000 axentes de viaxes

0

Cultura e Turismo participa esta semana nun encontro profesional en Singapur co obxectivo de seguir internacionalizando a nosa Comunidade como destino 


Co obxectivo de promover Galicia como destino turístico entre os principais operadores asiáticos, a Consellería de Cultura e Turismo presenta esta semana a oferta da nosa Comunidade na feira ITB Asia que se celebra en Singapur.

Trátase dun certame en formato workshop no que participarán preto de 1.000 axentes de viaxes dos que a maioría son asiáticos así como máis de 10.000 representantes de empresas e institucións relacionadas co turismo mundial.

Nesta reunión estritamente profesional, representantes do departamento de Cultura e Turismo manterán reunións de traballo con operadores turísticos do ámbito das viaxes en xeral, ademais das especializadas para congresos e reunións de empresa.

Mercado emerxenteCon esta acción de promoción, Galicia achégase por segundo ano a un dos mercados emerxentes con máis proxección do ámbito internacional que xunto a Xapón e Corea conforman a zona de demanda máis interesante para a Comunidade no continente asiático.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

A internacionalización é unha das liñas de traballo da Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que aposta tamén por consolidar un destino tranquilo e auténtico que sabe poñer en valor os seus mellores recursos culturais e naturais para gozar deles durante todo o ano.

A ITB Asia celébrase anualmente en Singapur e constitúe un dos principais acontecementos da industria das viaxes en Asia Pacífico, como o seu homólogo ITB Berlín en Europa. Organizada por Messe Berlin, ITB Asia constitúe un foro para establecer contactos coas compañías e os intermediarios turísticos para contratar a organización de viaxes. Nesta contorna, os expositores internacionais de todos os sectores dentro da cadea comercializadora poden entrar en contacto coas empresas líderes desta rexión de Asia. 


- Te recomendamos -