Inicio Galicia Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a comunidade autónoma que...

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

0

O período medio de pago en Galicia foi no mes de marzo 23 días mellor que a media autonómica

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a comunidade autónoma que paga as súas facturas con máis axilidade, ao acadar un período medio de pago 23 días inferior á media autonómica, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

Ao peche do mes de marzo, o período medio de pago de Galicia situouse 8,6 días por debaixo do límite a partir do cal empeza a contar o prazo medio de pago das administracións públicas. Pola contra, a media autonómica situouse en 14,1 días, o que ratifica que Galicia está a aboar os seus pagamentos 22,7 días antes que o conxunto das comunidades.

Deste xeito, Galicia cumpre un mes máis coa normativa estatal en vigor ata o primeiro trimestre, que establece que o período medio de pago non pode superar os 30 días, ao igual que xa fixo durante todo o ano 2017.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en marzo situouse no 0,15%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial de Galicia é case a terceira parte que a da media autonómica (0,41%), logo de que Galicia conseguira reducir este indicador un 37% no último ano, ata rebaixalo aos 94,8 millóns de euros.

Estes datos confirman que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. Período Medio de Pago – Marzo 2018 (*CCAA réxime foral)


- Te recomendamos -