Inicio Galicia Galicia participará no proxecto ?Positive? para o intercambio de experiencias entre países...

Galicia participará no proxecto ?Positive? para o intercambio de experiencias entre países europeos para o control da velutina

0

Trátase dunha iniciativa dentro do espazo Sudoe (países do sudoeste europeo) que promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados aos que levan menos tempo convivindo con esta especie

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, participará no proxecto Positive para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control da vespa velutina entre países da zona Sudoe (países do sudoeste europeo).

Trátase dunha iniciativa -dentro dos proxecto Interreg-Sudoe- que ten por obxectivo contribuír á preservación dos insectos polinizadores que están sendo atacados por especies como a velutina e que merman a súa función polinizadorea natural; é dicir, buscarse o desenvolvemento de métodos conxuntos para o control deste insecto invasor, como é a vespa velutina.

O proxecto, que ten un orzamento de case dous millóns de euros (1.936.310) e conta con financiamento nun 75% de fondo FEDER, promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como é o caso de Francia, aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como son o norte e noroeste de España e de Portugal, e que se atopan en momentos importantes para a súa xestión.

Grazas a este proxecto, promóvese a colaboración entre organizacións académicas, administrativas, produtivas e sociais, incluíndo a cooperación cos xerentes das áreas naturais de SUDOE e o sector apícola, como principais implicados no deseño e implementación das ferramentas que xeren no proxecto. É dicir, facilitará un enfoque transnacional, fundamental para o control efectivo desta especie, xa que facilita a análise e a integración da información en todo o espazo SUDOE, asegurando o desenvolvemento de ferramentas adecuadas. 


- Te recomendamos -