Inicio Galicia Galicia contará cunha guía de intervención que establecerá os criterios básicos de...

Galicia contará cunha guía de intervención que establecerá os criterios básicos de aplicación no deseño, na elección de materiais e nas formas de execución dos espazos públicos

0

O presidente da Xunta que a guía establecerá os criterios básicos de aplicación no deseño, na elección de materiais e nas formas de execución e permitirá escoller as solucións que ofrezan unha mellor adaptación ás características do territorio

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación da sinatura dun convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e o Instituto de Estudos do Territorio para a redacción da guía de intervención en espazos públicos.

Unha guía que, segundo explicou, establecerá os criterios básicos de aplicación no deseño, na elección de materiais e nas formas de execución. E que permitirá escoller –entre as múltiples solucións existentes– aquelas que ofrezan unha mellor adaptación ás características peculiares do noso territorio; que cumpran cos requisitos de sustentabilidade e preservación do medio; e que aseguren unha viabilidade técnica e económica, particularmente no que respecta ás labores de mantemento.

Trátase de que as actuacións nos espazos públicos non se produzan de maneira coxuntural, sen un patrón ou un marco conxunto de planificación, senón que haxa guía de intervención na que queden reflectidos e definidos todos os criterios básicos de aplicación. Segundo o titular do Goberno galego, esta guía dividirase en varias partes.

No tocante á primeira parte, de análise e diagnóstico, Feijóo explicou que esta conterá: unha revisión dos estudos máis salientables sobre criterios e solucións de intervención en espazos públicos, analizando a súa aplicabilidade en Galicia; unha identificación e caracterización da tipoloxía de espazos públicos, como prazas, parques ou xardíns; unha descrición da súa relación coa paisaxe; e o estudo das características que definen cada un dos tipos, como pavimentos, mobiliario e incidencia do tráfico, entre outros.

A segunda parte da guía incluirá as medidas e os criterios de integración e minimización de impactos paisaxísticos para a intervención en espazos públicos: accesibilidade, seguridade e hixiene; redución do consumo de materiais, enerxía e residuos; prioridade do tránsito peonil e non motorizado sobre o motorizado; ou prioridade do transporte colectivo fronte ao vehículo individual. E, a terceira parte da guía definirá os modelos e propostas de intervención para cada tipo de espazo público. 


- Te recomendamos -