Inicio Galicia Galicia baixou o seu endebedamento cinco décimas no último ano e mantense...

Galicia baixou o seu endebedamento cinco décimas no último ano e mantense entre as comunidades con menos débeda de España

0

A ratio de débeda/PIB reduciuse ata o 19,1%, fronte ao 24,7% de media autonómica


Galicia baixou o seu endebedamento público cinco décimas no último ano, o que lle permite consolidarse entre as comunidades autónomas con menos débeda de España. Segundo os datos do Banco de España, ao finalizar o primeiro trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 19,1%, medio punto por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior (19,6%). Ademais, o indicador en Galicia é 5,6 puntos mellor que a media autonómica, que se situou no 24,7%.

En canto á evolución trimestral, este indicador medrou en Galicia sete décimas respecto ao trimestre anterior, pero non é un aumento representativo porque se debeu a que as amortizacións de débeda da Comunidade Autónoma comezaron en abril, e polo tanto non figuran neste dato.

Como xa sucedera en 2017, Galicia a 31 de marzo xa ingresara os recursos do Fondo de Facilidade Financeira do primeiro trimestre, pero nese momento aínda non realizara amortizacións de débeda. Este diferente ritmo entre ingresos e pagos da débeda é habitual ao longo do exercicio. En todo caso, nos seguintes trimestres a previsión é que a ratio de débeda de Galicia siga baixando en taxa interanual, e tamén en taxa trimestral.

En volume absoluto, a débeda das comunidades autónomas situouse ao peche do cuarto trimestre en 289.675 millóns, o 4,05% deste importe -11.750 millóns- na comunidade galega. A xestión rigorosa da Xunta ten evitado que Galicia emitise 3.500 millóns de euros, xa que Galicia é a comunidade que menos aumentou o seu volume de débeda desde 2008.

Sexta comunidade con menos débedaOs datos do Banco de España ratifican que Galicia continúa entre as comunidades autónomas de referencia no control do seu endebedamento, froito do control da estabilidade orzamentaria que vén realizando a Xunta. De feito, Galicia é a sexta comunidade con menor ratio de débeda/PIB, a cuarta de réxime común.

O control da débeda pública é unha das bases do modelo de crecemento san que defende a Xunta, e é froito da progresiva redución do déficit que vén acadando o Goberno galego nos últimos anos. Este mellor comportamento respecto da media permitiu a Galicia acadar un importante aforro en xuros da débeda, que neste 2018 será duns 65 millóns de euros.

800×600

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS *CCAA de réxime foral  


- Te recomendamos -