Inicio Galicia Galicia, Asturias e Castela e León celebran a incorporación do noroeste español...

Galicia, Asturias e Castela e León celebran a incorporación do noroeste español á proposta de novo Corredor Atlántico de Transporte

0

A Comisión Europea acepta a demanda impulsada conxuntamente polos tres Gobernos autonómicos e plasmada nunha declaración institucional asinada en Santiago de Compostela o pasado 9 de outubro de 2017

Galicia, Asturias e Castela e León celebran a decisión da Comisión Europea de incorporar o noroeste español ao Corredor Atlántico de Transporte de Mercadorías, o que suporá incrementar a súa competitividade económica e a súa capacidade loxística.

A Comisión Europea fixo pública esta mañá a súa proposta de modificación do trazado do Corredor Atlántico, que incorpora a demanda conxunta de Galicia, Asturias e Castela e León, que quedou plasmada na Declaración institucional asinada en Santiago de Compostela o pasado 9 de outubro de 2017.

Os tres gobernos autonómicos reciben a nova anunciada hoxe como o froito dun intenso traballo institucional realizado ante as autoridades españolas e europeas en defensa da competitividade dos tres territorios. A decisión, que deberá ser referendada polo Parlamento e o Consello europeo, garantirá fondos comunitarios para a modernización da liña de ferrocarril de mercadorías a través do mecanismo de financiamento ‘Conectar Europa’.

A alianza dos tres executivos autonómicos reforzou a defensa de que o trazado español do Corredor Atlántico incorporase e priorizase a conexión ferroviaria dos portos marítimos e centros loxísticos de Vigo, A Coruña, Xixón e Avilés, a través de Palencia, León, Monforte de Lemos e Ourense.

Leer más:  Este lunes comienza la vacunación doble contra la gripe y el covid, además de la inmunización de bebés contra el virus respiratorio sincitial

A incorporación desas liñas ao trazado do Corredor Atlántico convérteas en preferentes e, ao complementarse coa liña de costa entre A Coruña, Avilés e Xixón, se crea bucle de conexión dos portos da cornixa atlántica.

Froito dos esforzos conxuntos, a Comisión Europea mostra agora o apoio á realización das oportunas modificacións da Rede Transeuropea de Transporte e da conexión ferroviaria coas terminais portuarias e principais plataformas intermodais, co propósito de facilitar un reparto máis eficiente -económica e ambientalmente-, entre os diferentes modos de transporte, reequilibrando as posibilidades de atracción industrial destas comunidades.


- Te recomendamos -