Inicio Galicia A Coruña Galicia acada unha marca histórica de denuncias por violencia machista, con máis...

Galicia acada unha marca histórica de denuncias por violencia machista, con máis de 1.850 no terceiro trimestre de 2022

0

A estatística xudicial reflicte que as denuncias por violencia de xénero aumentaron un 14,4% con respecto a 2021

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 (EUROPA PRESS)

Os xulgados galegos recibiron durante o terceiro trimestre deste ano 1.854 denuncias por violencia de xénero, a cifra máis alta da historia. Os datos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) reflicten un aumento do 14,4% en comparación co mesmo período de 2021, que foron 1.620.

A subida de casos vai en consonancia co aumento de mulleres que aparecen como vítimas, contabilizando 1.854 fronte as 1.597 do pasado ano. Este dato fai que a taxa de violencia de xénero (vítimas cada 10.000 mulleres) na Comunidade se eleve até o 13,3, aínda que se sitúa como a terceira máis baixa –por detrás de Asturias e Castela e León– do Estado, cuxa media está en 19,8.

O número de sentenzas ditadas polos órganos xudiciais galegos neste período foi de 471, o 80% condenatorias.

O único dato que mostrou unha gran redución conforme ao 2021 foi o da cantidade de mulleres que se acolleron a dispensa para non declarar. Tan só 80 optaron por esta vía no terceiro trimestre de 2022, o que supón case un 40% menos que o pasado ano.

Rexistráronse 492 solicitudes de ordes e medidas de protección da vítima en Galicia, o que supón un aumento do 12,6%. Así mesmo, destas foron acordadas dous de cada tres, mesma proporción que nas instadas nos xulgados de garda.

MENORES DE IDADE

Os datos do CXPX, facilitados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, reflicten que os xulgados de menores axuizaron a catro mozos, todos con imposición de medidas, por delitos relacionados con violencia sobre a muller.

En canto aos datos relativos ás medidas civís para protexer aos fillos e fillas das vítimas, os órganos xudiciais galegos adoptaron 37 medidas consistentes na suspensión do réxime de visitas, case o dobre das impostas en 2021.

As menores vítimas a cargo de vítimas aumentaron tamén a 22, un 37,5% máis.


- Te recomendamos -