Inicio Galicia Feijóo salienta que entre todos os galegos construímos unha Universidade vencellada coa...

Feijóo salienta que entre todos os galegos construímos unha Universidade vencellada coa sociedade e baseada na cooperación, a internacionalización e a investigación

0

Afirma que a cooperación deu como froito un Plan de financiamento ata 2020 dotado con 2480 millóns, a mellor folla económica da que se dotaron as universidades en toda a súa historia


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que entre todos os galegos construímos unha Universidade vencellada coa sociedade e baseada na cooperación, internacionalización e a investigación.

Durante a toma de posesión do novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, Feijóo aseverou que a máxima que rexe as tres institucións e os sete campus é a cooperación. Unha cooperación da que é froito, por exemplo, un Plan de financiamento ata 2020 dotado con 2480 millóns de euros, a mellor folla económica da que se dotaron as universidades en toda a súa historia e que, ademais de garantir a sustentabilidade do sistema, abre unha senda de calidade e compromiso coa investigación.“Cooperando facilitamos a participación de Vigo e A Coruña na docencia clínica de Medicina e asinamos unha planificación conxunta de oferta académica. E creamos o primeiro Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia, unha ferramenta que nos permita ser máis fortes e competitivos”, dixo.

Leer más:  Sánchez compromete agilizar el traspaso de la gestión del litoral con Rueda, que constata "pocas concreciones" más

Como proba dun Sistema Universitario galego vinculado coa sociedade, o responsable do Executivo autonómico lembrou que co Campus da Auga, Galicia foi pioneira en España na especialización dos campus periféricos, “e seguirémolo sendo co Campus Crea de Pontevedra e co Campus Tecnolóxico de Vigo, sempre baixo o liderado do Campus do Mar”.

Co fin de responder ás demandas sociais e laborais, Feijóo destacou a posta en marcha dunha oferta conxunta de titulacións ata o 2021, algo sen precedentes na comunidade universitaria española, e que supón a creación de 14 novos títulos. E, sobre a internacionalización como obxectivo estratéxico, mencionou os graos en inglés -que comezarán o vindeiro curso-, a mellora nos ránkings internacionais e a captación de alumnos para grao e máster.

Cooperación, internacionalización e investigación, recalcou, recordando que, desde 2009, o Goberno galego mobilizou 500 millóns de euros para blindar a I+D+i das tres universidades. “Centros singulares como Cimbio ou Ecimat volven situarnos na vangarda, sen esquecer o Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais que se situará, xunto co Consorcio Interuniversitario, no edificio Fontán da Cidade da Cultura co acordo xeneroso de toda a comunidade universitaria”, abundou.

Leer más:  El gobierno de Vigo fue obligado a autorizar la gasolinera del Pontillón una vez obtuvo los informes favorables

Ao longo da súa intervención, Feijóo recoñeceu que o factor humano ten un papel decisivo na definición da Universidade do século XXI e, como proba disto, referiuse á conxelación das taxas universitarias para que Galicia siga sendo o lugar máis accesible para estudar un grao ou un máster, así como a iniciativa de que no próximo curso 2018/19 se premie ao alumnado máis excelente de cada curso coa bolsa Concepción Arenal, e se cree un complemento retributivo para os docentes que transfiran coñecemento á sociedade.

En relación á Universidade de Vigo, o responsable do Executivo autonómico gabou o avance dunha institución que, desde o seu nacemento en 1989, medrou en eficiencia e calidade. Feijóo resaltou o traballo de Salustiano Mato, reflectido en éxitos colectivos como: dous novos graos ata 2021; a nova sede institucional no Berbés que liga a Universidade co corazón da cidade de Vigo; os centros singulares Cinbio e Ecimat, e unha agrupación estratéxica consolidada (Atlantic); a especialización dos Campus ou o regreso temporal do Pergamiño Vindel.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

Así mesmo, deu a benvida ao reitor Manuel Reigosa, “que trae consigo experiencia, prestixio, ilusión e respaldo da comunidade universitaria”, e aseverou que sempre atopará na Xunta as portas abertas.


- Te recomendamos -