Inicio Galicia Feijóo refírese aos próximos eventos internacionais de vela que se celebrarán no...

Feijóo refírese aos próximos eventos internacionais de vela que se celebrarán no 2020 e no 2021 como ?un pórtico máis? do vindeiro Xacobeo

0

“Sanxenxo e Galicia enteira serán perfectos anfitrións”, asegura


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe os próximos campionatos de Europa e do Mundo da clase 6 metros de vela, que se celebrarán no 2020 e no 2021, como “un Pórtico máis” do vindeiro Xacobeo, que converterá Galicia e España no centro do mundo das peregrinacións.

Durante a presentación dos próximos eventos internacionais de vela, que estivo presidida pola S.

M. o Rei don Juan Carlos, Feijóo salientou que, ao igual que o Camiño de Santiago é a proba de que homes e mulleres de procedencias diversas e pensamentos diferentes, son quen de camiñar xuntos e compartir metas, as competicións náuticas que hoxe se presentan son igualmente o triunfo do espírito de equipo sobre un medio natural non sempre fácil.“Sanxenxo e Galicia enteira serán perfectos anfitrións”, aseverou, agradecendo a don Juan Carlos a súa devoción por Galicia e a súa labor como embaixador excepcional de Galicia.

O presidente da Xunta concluíu valorando que nos motivos que tivo en conta a Asociación Internacional da clase 6 metros para designar Galicia como organizadora destes campionatos estea perfectamente reflectida a Comunidade. “Fálase do nivel das nosas infraestruturas, pero tamén dos valores culturais. Refírese ás instalacións portuarias e náuticas, pero tamén á gastronomía. Alúdese a modernidade e a capacidade organizativa, sen esquecer a solidariedade. E sublíñase, en fin, o apoio institucional de todas as administracións galegas ao deporte.  


- Te recomendamos -