Inicio Galicia Feijóo pon en valor a estabilidade da economía galega para que os...

Feijóo pon en valor a estabilidade da economía galega para que os emprendedores sigan medrando

0

Refírese á estabilidade como garante do cambio racional, seguro e, en definitiva, proveitoso

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, puxo hoxe en valor a estabilidade da economía galega para que os emprendedores sigan medrando.

Durante o acto de proclamación de finalistas zona Galicia do Premio Emprendedor do Ano 2018 de EY, Feijóo referiuse á estabilidade como garante de cambio racional, seguro e, en definitiva, proveitoso; “a estabilidade non é sinónimo de inmobilismo”, dixo. E aseverou que este plantexamento contribuíu a que a economía galega medrase nos últimos tres anos por riba do 3%; coa previsión para este ano e o que vén de seguir medrando por riba do 2,5%.

Así mesmo, reiterou que o investimento da Comunidade en I+D medrou o pasado ano un 13,3%, máis do dobre que en España (un 6%), ata rozar os 571 millóns de euros; e a Axencia Galega de Innovación contará en 2019 cun orzamento que ascende aos 97 millóns de euros.

No tocante ao finalista, Feijóo destacou que o traballo e a calidade fai que Marine Instruments, puidese rematar o pasado ano cunha facturación de máis de 41 millóns de euros. “O compromiso coa innovación como principal motor de desenvolvemento permitiu a esta firma de Nigrán medrar a unha taxa anual superior ao 25% practicamente desde a súa creación, atopándose entre as 10 empresas que máis crecen en Europa”, dixo, recordando que, en menos dunha década, conseguiu posicionarse como o primeiro fabricante de boias satelitarias de atún a nivel mundial e estar presente en máis de 25 países.


- Te recomendamos -