Inicio Galicia Feijóo incide na necesidade de flexibilizar e axilizar a creación de novas...

Feijóo incide na necesidade de flexibilizar e axilizar a creación de novas prazas MIR para incrementar o número de pediatras na Comunidade

0

Lembra o esforzo que desde a Xunta se está a facer para dotar de recursos á formación especializada e que fixo posible que este ano se realizase a maior oferta de prazas MIR dos últimos anos


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe na necesidade de que o Ministerio de Sanidade flexibilice e axilice o proceso de acreditación de prazas de novo ingreso de formación especializada en Pediatría, que permita incrementar a oferta e os profesionais para a contratación de máis pediatras na Comunidade.

Durante o acto de inauguración do III Congreso SEFSE-AREDA da Sociedade Española de Formación Sanitaria Especializada, Feijóo lembrou o esforzo que desde o Goberno galego se está a facer para dotar de recursos á formación especializada. Un esforzo que fixo posible que este ano se realizase a maior oferta de prazas MIR dos últimos anos, con 404 prazas, aumentando a 105 as prazas para médico de familia, sete máis en 2017.

Neste mesmo eido, destacou o obxectivo de ordenar a formación sanitaria especializada en Galicia a través dunha norma que elaborará, o vindeiro ano, a Axencia Galega para o Coñecemento en Saúde (ACIS), e na que se abordarán, aspectos estruturais, ademais do nomeamento, funcións e recoñecemento de todas as figuras docentes implicadas. O responsable do Executivo autonómico referiuse tamén á publicación o 30 de xullo do Acordo sobre as bases da carreira profesional no Sergas; ao desenvolvemento dun Plan de Formación específico para titores de residentes; e ao impulso da Rede de Comisións de Docencia de Galicia, cuxo obxectivo é promover todas aquelas actividades destinadas a mellorar a formación de especialistas en ciencias da saúde. “ E estamos desenvolvendo unha plataforma autonómica para a xestión da formación sanitaria especializada que sirva de soporte aos profesionais sanitarios”, engadiu.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Logo de subliñar que en Galicia se forman actualmente máis de 1600 especialistas, titorizados por aproximadamente 525 profesionais, Feijóo aseverou que Compromiso humano innovador son tres palabras que describen o gran reto diante do que se atopa a formación de especialistas en ciencias da saúde.“Hoxe o paciente está máis informado ca nunca e participa activamente en todos os procesos. E por iso, é imprescindible crear nos residentes a vocación de abordar aos pacientes de maneira integral atendendo a principios éticos que respecten a súa dignidade, intimidade e autonomía e mellorando a comunicación”, abundou, facendo fincapé na importancia de humanizar a actividade asistencial.

Así mesmo, aseverou que a formación se converte nun espazo por excelencia para a innovación, subliñando a importancia das TIC e as súas posibilidades para impulsar novas formas de aprender.

O titular da Xunta quixo agradecer unha vez máis o traballo e a profesionalidade de todo o persoal do Sergas e incidiu en que os galegos fomos capaces, durante a crise, de facer unha sanidade pública con máis hospitais, máis centros de saúde, máis tecnoloxía e con máis actividade. 

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

- Te recomendamos -