A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse esta tarde co presidente da Asociación empresarial galega de centros especiais sen ánimo de lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez.
Esta entidade aglutina os centros especiais de emprego en Galicia, que buscan fomentar o traballo de calidade das persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social. As empresas que integran esta plataforma encádranse en diferentes actividades, como agrícolas e gandeiras, artes gráficas, alimentación, servizos de xardinería e limpeza, hostalería e restauración, sector téxtil ou novas tecnoloxías, entre outras.
- Te recomendamos -