Destacou que cada euro que a Xunta destina a apoiar ás familias galegas e á protección da infancia “é un investimento en benestar, en progreso e en futuro para a nosa terra”
A conselleira de Política Social, Fabiola García, reivindicou esta mañá, durante a conmemoración do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, o feito de que “nazamos onde nazamos, todos temos dereito a desfrutar dunha infancia plena e feliz”. Fíxoo nos actos desenvolvidos polos escolares do CEIP Virxe de Covadonga de Ourense con motivo desta efeméride, na que tamén participaron representantes da Asociación Arela e das fundacións Meniños e Juan Soñador.
Na súa intervención a conselleira indicou que esta xornada ten que servir para recordar a todos aqueles cativos e cativos que non teñen a nenez que merecen, porque “a protección da infancia debe ser un asunto prioritario en todos os países do mundo”, aseverou. Neste sentido, sinalou que cada euro que a Xunta destina ás familias galegas e á infancia “é un investimento en benestar, en progreso e en futuro para a nosa terra”.
Por último, Fabiola García puxo en valor o traballo das entidades sociais que actúan en Galicia no ámbito da infancia, e sumouse ao manifesto da xornada que baixo a lenda Move Ficha! reclama o dereito dos nenos e das nenas a xogar.
- Te recomendamos -