Inicio Galicia Fabiola García insta á nova directora xeral de Xuventude a escoitar á...

Fabiola García insta á nova directora xeral de Xuventude a escoitar á mocidade para dar resposta ás súas expectativas

0

Avogou por dar continuidade a programas que primen o crecemento persoal e que impulsen traxectoria profesional e formativa da xente nova


A conselleira de Política Social, Fabiola García, instou á nova directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, a que “escoite aos mozos e mozas para desenvolver programas que se axusten ás súas expectativas e necesidades”. Fíxoo na toma de posesión da nova responsable desa área.

Durante a súa intervención, Fabiola García destacou o “talento, a enerxía e a claridade de ideas da nova directora”, e engadiu que estes “son valores que tamén serven para definir á xuventude de Galicia”. Tamén puxo en valor a mocidade de Cristina Pichel, o que a fai coñecedora da realidade que vive a xuventude e facilita a incorporación da perspectiva propia da xente nova a todas as iniciativas que impulse o seu departamento. Neste sentido, avogou por que continúe adiante no deseño de programas que axuden ao crecemento persoal e á traxectoria tanto profesional como formativa deste sector da poboación.

A conselleira subliñou tamén o traballo levado a cabo pola anterior directora xeral, Cecilia Vázquez, que deixa unha Galicia máis comprometida coa xuventude, líder nacional en prazas de campamentos de verán, que aposta polo voluntariado e que estimula a talento e a educación non formal dos mozos e mozas galegos a través de programas como Galeuropa.

Máis oportunidadesPola súa banda, Cristina Pichel agradeceu a confianza depositada nela para esta nova etapa profesional e persoal, que definiu como “a máis emocionante ata o momento da miña vida”. Tamén tivo palabras de agradecemento para o conselleiro Román Rodríguez e para todo o equipo da área de Cultura, onde estivo traballando tres anos en tarefas de gabinete.

Así mesmo, a nova directora xeral dixo que asume o cargo coa “responsabilidade de mellorar as oportunidades da xuventude e que estean máis preparados para o futuro, un reto que é colectivo e transversal”.

Cristina Pichel Toimil, nada en Lalín en 1989, é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como redactora en Faro de Vigo e en ABC, antes da súa incorporación ao gabinete de prensa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e, a partir deste ano, da Consellería de Cultura e Turismo.


- Te recomendamos -