Inicio Galicia Fabiola García fixa entre os eixos prioritarios das políticas sociais garantir o...

Fabiola García fixa entre os eixos prioritarios das políticas sociais garantir o benestar e calidade de vida durante a infancia

0

O acordo enmárcase no programa ‘Cidades Amigas da Infancia’ de Unicef e ten por obxecto poñer en marcha accións conxuntas que xiren en torno ao deseño e desenvolvemento de políticas públicas dirixidas aos menores


A conselleira de Política Social, Fabiola García, reiterou o compromiso do seu departamento coa protección da infancia ao afirmar que un dos obxectivos “é garantir que os nenos e nenas nazan e crezan na mellor das contornas”. Dentro desta meta enmárcase o convenio de colaboración que esta mañá a titular autonómica asinou co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, e coa representante da Fundación Unicef Comité Español, Myriam Garabito.

En concreto, o motivo deste acordo, que ten unha vixencia inicial de catro anos renovable por outros tantos, é impulsar o programa ‘Cidades Amigas da Infancia’ mediante o desenvolvemento de accións de difusión, formación e promoción do mesmo. Con esta finalidade, a Xunta ocuparase de organizar unha xornada anual informativa sobre esta iniciativa así como, conxuntamente con Unicef, un encontro de carácter autonómico e de periodicidade bianual que reúna aos consellos municipais de participación infantil.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Unicef ten en marcha o programa ‘Cidades Amigas da Infancia’ desde o ano 2002, co fin de promover o deseño e o impulso de políticas públicas que sexan eficaces para aumentar a calidade de vida dos nenos, nenas e adolescentes. A defensa dos dereitos deste colectivo é o eixo central das accións que se desenvolven ao abeiro desta iniciativa, que tamén procura o fomento da participación da infancia e a xente nova na transformación das cidades en contornas máis habitables.

A día de hoxe, xa hai nove concellos galegos que posúen esta distinción: Cabanas, Carnota, Castrelo de Miño, Moeche, Ourense, O Porriño, Redondela, Teo e TomiñoEscoitar aos menoresNeste sentido, Fabiola García manifestou que este convenio serve para poñer en valor a importancia que ten “escoitar aos nenos e respectar os seus puntos de vista se realmente queremos que as súas voces e os seus dereitos teñan presenza nas políticas públicas”. Así mesmo, amosou o seu desexo de que accións conxuntas como esta se traduzan “nunha mellora do benestar da infancia nos 313 concellos de Galicia”, ao tempo que avogou pola necesidade de continuar sensibilizando aos axentes sociais e á sociedade en xeral para “entre todos incrementar esforzos en favor da infancia en consonancia coa Convención sobre os Dereitos do Neno”.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

Por último, a titular de Política Social sinalou que “a igualdade de oportunidades comeza desde a infancia”. De aí que nos orzamentos de 2019 se incrementan nun 8% os recursos dirixidos a apoiar ás familias e aos seus fillos e fillas ata acadar os 143 millóns de euros, o triplo do que a Xunta dedicaba a esta área hai nove anos. 


- Te recomendamos -