A conselleira de Política Social, Fabiola García, avogou polo entendemento e a colaboración na sesión constitutiva do segundo mandato do Consello Galego de Benestar Social. Neste sentido, apostou porque deste órgano de carácter consultivo saian acordos que beneficien a todos os galegos e galegas.
O Consello Galego de Benestar Social está formado por representantes de distintas administracións, das entidades sociais, das universidades, das organizacións empresariais e sindicais e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
- Te recomendamos -