Inicio Galicia Fabiola García amosa a disposición da Xunta para seguir colaborando cos concellos...

Fabiola García amosa a disposición da Xunta para seguir colaborando cos concellos na mellora da coordinación dos servizos sociais

0


A conselleira de Política Social, Fabiola García, amosou hoxe a vontade da Xunta de seguir colaborando cos concellos galegos na mellora da coordinación dos servizos sociais, renovando o convenio que se asinou o pasado mes de agosto entre este departamento autonómico e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Durante a reunión que mantivo co presidente da Fegamp, Alfredo García, a conselleira manifestou a necesidade de avanzar nos traballos xa iniciados para completar a implantación da Historia Social Única Electrónica (HSUE) nos municipios. A día de hoxe ao redor de 200 concellos formalizaron a súa adhesión a esta plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social da persoa e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais.


- Te recomendamos -