Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 13,68 hectáreas dee monte raso
A Consellería do Medio Rural informa da extinción dun dos dous incendios forestais rexistrados no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada. O outro permanece controlado. Ambos lumes comezaron ás 16,10 h. da tarde do mércores, quedando un deles extinguido esta tarde ás 18h53 e afectando unha superficie de 13,68 hectáreas de monte raso. O segundo incendio permanece controlado desde a tarde de onte e afecta unha superficie de 99,16 hectáreas, das cales 29 son arboradas e o resto rasas. No lugar levan traballado 5 técnicos, 41 axentes, 98 brigadas, 41 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 7 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -