Segundo as últimas estimacións, afect ou unha superficie de 25 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello lucense da Fonsagrada quedou extinguido ás 21,09 h. O lume iniciouse ás 08,07 h. de onte e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 25 hectáreas, 24 delas de monte raso e unha de arborado.
Para extinguir este incendio mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 38 brigadas, 13 motobombas, 3 pas e 10 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -