Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitará este...

Ethel Vázquez salienta que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitará este ano un investimento global duns 180 millóns de euros, cun incremento que pode acadar o 80% grazas a actuacións estratéxicas

0

Vázquez Mourelle explica que se está a traballar para licitar proxectos prioritarios como a intermodal de Vigo, por uns 16 millóns de euros, en canto se conte co informe do departamento de Estradas do Ministerio de Fomento


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, participou hoxe nunha xornada organizada pola Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP), na que salientou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitará este ano un investimento global duns 180 millóns de euros, cun incremento que pode acadar o 80 % grazas a actuacións estratéxicas.

Vázquez Mourelle explicou que se está a traballar de cara a licitación de actuacións prioritarias como a estación intermodal de Vigo, por preto de 16 millóns de euros, en canto se conte co informe pendente do departamento de Estradas do Ministerio de Fomento. Neste sentido, avanzou un fito importante da man da Consellería de Industria, que hoxe emite a resolución favorable para a autorización comercial autonómica do centro Vialia.

A titular de Infraestruturas referiuse tamén a outras importantes actuacións que está a impulsar o seu departamento como a estación potabilizadora de augas da PLISAN ou as vivendas na rúa Cambeses, no caso da área de Vigo.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Engadiu que o Executivo autonómico segue desenvolvendo outras liñas da consellería como o Plan de reforzos de firme, o Plan de Sendas de Galicia ou a Estratexia para a eliminación de treitos de concentración de accidentes.

Precisou que a execución destas actuacións será posible grazas a uns Orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda que en 2018 permitiron unha subida notable, un 16,5 % de aumento que supón 60 millóns de euros máis cos que se acadan os 424 millóns.

O Goberno galego leva varios anos de crecemento constante no que se refire á licitación de obra pública, chegando en 2017 a ser a Administración pública que máis actuacións contratou en Galicia, por riba do Estado, do conxunto dos concellos e das deputacións.

Ethel Vázquez indicou que a Xunta xa duplicou a licitación no primeiro semestre deste ano con respecto ao mesmo período do exercicio anterior, superando os 130 millóns de euros, no que a consellería representa o departamento que dirixe o 50% do total.


- Te recomendamos -