Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta o investimento de máis de medio millón de euros...

Ethel Vázquez salienta o investimento de máis de medio millón de euros na mellora de 50 km en 6 vías autonómicas

0

Vázquez Mourelle sinala que as intervención se enmarcan no proxecto da Xunta de eliminar os obstáculos potencialmente perigosos para os condutores, con medidas que adaptan as estradas para minimizar as consecuencias dunha distracción leve


A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o investimento de máis de medio millón de euros na mellora de 50 km en 6 vías autonómicas mediante a aposta pioneira da Xunta polas “estradas que perdoan”.

A titular do departamento de Infraestruturas, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou hoxe sobre o terreo os avances nos traballos que se están levar a cabo na autovía de acceso a Cacheiras, na AG-58, ao seu paso polo Concello de Teo. Actuación, que se enmarcan no proxecto específico da Xunta de eliminar os obstáculos que poden ser potencialmente perigosos para os condutores, e que aposta por levar ás vías autonómicas a concepción de “estradas que perdoan”.

Concepto de estradas, indicou, que dan unha segunda oportunidade aos erros puntuais que se poden cometer como condutor para volver sen danos de novo á calzada, a través de medidas que permiten adaptar as estradas para minimizar as consecuencias dunha distracción leve.

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

Neste sentido, incidiu na importancia do proxecto específico de estradas que perdoan ao que a Xunta destinará neste 2018 máis de medio millón de euros, nas que se mellorarán case 50 quilómetros pertencentes a 6 estradas autonómicas. Trátase das estradas situadas no contorno de Santiago, a AG-58, a Autovía á Estrada e a VAP Brión-Noia, ás que se suman as intervención noutras 3 estradas autonómicas, a AC-537, a AC-554 e a PO-214.

Intervención na autovía de CacheirasA conselleira puxo o acento no carácter pioneiro da Xunta na adopción deste tipo de medidas, para lograr estradas autonómicas libres de obstáculos e con marxes limpas.

Subliñou que o obxectivo desta actuación singular e novidosa na autovía AG-58 ten por obxectivo incrementar a seguridade viaria mediante intervencións como a mellora nos sistemas de contención, nos elementos de balizamento ou nas cunetas.

Ethel Vázquez concretou que os traballo na autovía de Cacheiras están xa executados en máis dun 30%, polo que a previsión e que estean rematados no seu conxunto neste mesmo ano.

Detallou que a actuación estendese nun treito de 1,4 km, e inclúe traballos para crear cunetas de seguridade, modificación das arquetas de sumidoiro, recolocación da barreira de seguridade e a súa retirada nalgún treito no que non sexa necesario. Intervencións centradas na seguridade viaria que a conselleira cualificou de sinxelas, “pero importantísimas de cara a mitigar danos e reducir as consecuencias dos accidentes de tráfico, prioridade absoluta para a Xunta”.

Leer más:  Drones de la Axencia Galega de Emerxencias se suman a la búsqueda del hombre de 80 años desaparecido en Santiago

Engadiu que estas medidas do departamento de Infraestruturas veñen a sumarse a outras, máis específicas e que prestan especial atención aos usuarios vulnerables, como poden ser os motoristas. E aquí referiuse á instalación de barreiras e sistemas de protección realizadas nas autoestradas autonómicas, ás que se dará continuidade para ir incrementando a lonxitude protexida.

Lembrou que estas iniciativas enmárcanse no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 da Xunta, co obxectivo de reducir nun 50% as vítimas mortais nas estradas autonómicas con respecto ás do ano 2011. Ás que se suman o Plan de Sendas de Galicia, o Plan de reforzos de firme, a eliminación de treitos de concentración de accidentes, ou as campañas de concienciación dirixidas aos máis novos, para fomentar o respecto aos ciclistas ou fronte ás distraccións.

A Conselleira de Infraestruturas tamén quixo incidir como estes recursos e traballo para mellorar a seguridade viaria nas estradas da Xunta teñen que ser tamén asumidos pola responsabilidade de cada un, posto que a seguridade viaria é cousa de todos os usuarios e a estreita colaboración entre Administracións.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

E nese sentido, amosou a preocupación da Xunta polo incremento este ano dos accidentes de tráfico con falecidos, e expresou a confianza en poder avalialo canto antes coa Delegación do Goberno en Galicia, á quen xa se lle pediu a convocatoria da Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade da Circulación Viaria, para xuntos, tamén buscar solucións que permitan volver a reducir as cifras de sinistralidade. 


- Te recomendamos -