Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta o investimento de máis de 15 millóns de euros...

Ethel Vázquez salienta o investimento de máis de 15 millóns de euros para transformar a estrada PO-308 nunha vía máis segura, útil para os usuarios e tamén máis humana

0

Vázquez Mourelle anuncia hoxe a licitación das obras de construción deste novo itinerario de 5 km na PO-308, para estar rematadas antes do verán de 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe en Sanxenxo a aposta que se está a facer desde o seu departamento pola transformación completa da estrada PO-308 que, cun investimento superior aos 15 M€, está a transformar a vía que comunica Pontevedra e A Lanzada, nunha estrada máis segura, máis útil para todos os usuarios e tamén máis humana.

Vázquez Mourelle fixo estas declaracións coincidindo coa presentación do proxecto de itinerario peonil e ciclista na estrada PO-308, entre Major e Portonovo que, cun investimento de arredor de 3,4 M€, comezará a executarse esta primavera para estar a dispor dos veciños e turistas antes do verán de 2020.

Explicou que a publicación hoxe da licitación das obras na Plataforma de contratos da Xunta, para o que as empresas teñen ata o vindeiro 21 de xaneiro para presentar as súas ofertas, permitirán a execución deste novo itinerario para peóns e ciclistas non deportivos, que se estende ao longo de 5 km da estrada PO-308, e que vén a dar continuidade ás xa construídas nos tramos existentes desde A Lanzada ata Major.

Leer más:  Investigado un hombre en Tui (Pontevedra) tras intervenirle nueve plantas de marihuana y cuatro kilos de cogollos

A conselleira, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, sinalou así que esta nova senda, xunto coas 2 xa rematadas, permiten por á disposición dos veciños máis de 11 km de itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe nesta estrada que une Pontevedra e A Lanzada, ao seu paso polo Concello de Sanxenxo.

Trátase, abundou, dunha senda continua polo lado do mar, de preto de 8 km de lonxitude, desde A Lanzada ata Portonovo. E tamén das sendas pola marxe dereita da estrada á saída de Portonovo e no treito entre Major e A Lanzada, que suman máis de 3 km.

Itinerarios peonís e ciclistas en Sanxenxo que, tal e como resaltou, suporán un investimento global da Xunta superior aos 7,5 M€, e que busca garantir as condicións de seguridade a todos os usuarios desta estrada da Xunta, especialmente aos máis vulnerables, peóns e ciclistas, ao tempo que se favorecen os desprazamentos cotiás e se promove unha mobilidade máis sostible e respectuosa co medio.

Detallou que a nova actuación na PO-308 se aproveitará para realizar intervencións complementarias que redunden en maior seguridade viaria, incluíndo a mellora nas principais interseccións de acceso ás praias neste treito, coa execución de novas glorietas e habilitando cambios de sentido. Tamén, dixo, ampliaranse as paradas de autobús, para que os vehículos non teñan que parar na estrada interferindo a circulación, e instalaranse sistemas de recollida de augas e canalizacións que permitan, nun futuro, a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Leer más:  El presidente del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insta a la creación de nuevos juzgados en la región debido al incremento de casos

Ethel Vázquez avanzou que o departamento que dirixe tamén está avanzando no proxecto para dotar de iluminación axeitada estes treitos da estrada, toda vez que que entre A Lanzada e Soutullo xa hai iluminación instalada. Nestes momentos, engadiu, se está ultimando a supervisión do proxecto para licitar a contratación da iluminación dos treitos da PO-308, comprendidos entre Soutullo e Portonovo, que prevé a colocación de 290 luminarias led, e que suporán un investimento da Xunta do entorno dos 600.000 €.

Referiuse tamén ao proxecto do departamento de Infraestruturas da Xunta para a humanización completa da rúa Progreso, que se corresponde co treito máis urbano da PO-308. Unha intervención que suporá un investimento conxunto de Xunta e Concello de máis de 2,5M€, nos que a Xunta aporta o 70%, 1,8 M€, e que incrementará a seguridade e a accesibilidade, ademais de incidir na integración urbana da rúa, con beirarrúas máis anchas, aparcadoiros ordenados ou zonas axardinadas.

Vázquez Mourelle abundou ademais noutros importantes investimentos da consellería para a mobilidade do Salnés e para as comunicacións con Pontevedra na PO-308. E aquí indicou que, ás actuacións no marco do Plan de Sendas de Galicia que se están a promover cos 3 itinerarios impulsados en Sanxenxo, entre A Lanzada e Portonovo, ai que engadir os máis de 7 km de sendas que a consellería están tamén a desenvolver na PO-308 en Poio, cun investimento de arredor de 3 M€.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

Falou tamén das 2 intervencións previstas para a eliminación de treitos de concentración de accidentes existentes na PO-308, no treito entre O Covelo e A Granxa, que supoñen un investimento global de 2,6 M€, e cuxas obras comezarán en xaneiro. E adiantou ademais a outra intervención no municipio de Sanxenxo, no contorno da praia de Areas, que está en supervisión e con vista a súa aprobación a comezos de ano para continuar logo coa tramitación necesaria.


- Te recomendamos -