Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta o investimento de 750.000 euros na mellora da seguridade...

Ethel Vázquez salienta o investimento de 750.000 euros na mellora da seguridade viaria dos veciños de Curtis coa posta en servizo da senda peonil e a construción da nova glorieta no cruce do Empalme, que estará rematada en outono

0

Salienta que o novo itinerario peonil, cun investimento de arredor de medio millón de euros, dota aos veciños de Curtis dunha infraestrutura axeitada a unha zona na que se concentran vivendas, servizos e equipamentos, como o cemiterio


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o investimento de 750.000 euros que o seu departamento está a destinar para reforzar a seguridade viaria dos veciños de Curtis, coa posta en uso da senda peonil e a inminente construción da nova glorieta na estrada AC-840, no cruce do Empalme.

A conselleira e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde, Javier Caínzos, supervisou o resultado das obras do novo itinerario construído entre a travesía de Curtis e o Alto da Espeniña, ao longo da AC-840, que une Betanzos co límite da provincia de Pontevedra, no concello de Agolada.

Subliñou que esta nova senda, que desde a semana pasada está sendo utilizada polos veciños, están a supoñer unha maior comodidade e seguridade á hora de realizar os seus desprazamentos habituais a pé dun xeito seguro, sostible e integrado na paisaxe. Ademais, dixo, este novo itinerario tamén permite dotar o municipio dunha infraestrutura axeitada de comunicación viaria, nunha zona na que se concentran vivendas, servizos e equipamentos, como o cemiterio.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

Salientou que esta actuación, que supuxo un investimento da Xunta de arredor de medio millón de euros, tendo en conta tamén os terreos necesarios para a súa execución, permitiu a execución dun itinerario de 1,7 quilómetros. Sinalou que esta nova senda, que conta cun ancho mínimo de 1,8 metros, está construída en formigón coloreado para facilitar unha maior visibilidade e ser máis identificable polos vehículos que transitan pola estrada. E apuntou as actuacións complementarias a este proxecto, que permitiron mellorar a intersección coa estrada que vai ao cemiterio e a execución de dous muros de contención.

Ethel Vázquez explicou que a aposta do Goberno galego por reforzar a seguridade viaria, a mobilidade e por facilitar o día a día dos veciños de Curtis non remata coa nova senda, xa que o seu departamento continuará investindo en máis melloras, que afectan a esta mesma vía. Trátase dos traballos de reforma da intersección existente coa estrada provincial, no cruce do Empalme, que se atopa xusto onde finaliza a senda que se vén de poñer en servizo, e que prevén a execución dunha nova glorieta, que virá reforzar a seguridade viaria, ao permitir os xiros en condicións máis seguras e de maior visibilidade. Mellorase, ademais, o firme e dotarase de beirarrúas a súa contorna.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

Detallou que ao longo dos últimos meses o seu departamento vén realizando os trámites administrativos necesarios para avanzar nesta actuación, pagando os depósitos previos á ocupación no mes de maio e adxudicando a obra en xuño. Isto, adiantou, permitirá poder iniciar os traballos en agosto, co obxectivo de telos finalizados neste mesmo outono, dado que teñen un prazo de execución de 3 meses, cun investimento de arredor de 250.000 euros, contando tamén as expropiacións.

Ethel Vázquez fixo fincapé na aposta da Xunta por unha mobilidade máis saudable e sustentable que atenden a criterios de integración paisaxística, sustentabilidade pero, ante todo, o reforzo da seguridade viaria.


- Te recomendamos -