Destaca como exemplo de logros conxuntos ter conseguido que o Noroeste peninsular fose integrado no Corredor Atlántico Ferroviario de Mercancías
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia co fomento das capacidades do Noroeste peninsular no eido da loxística.
Vázquez Mourelle expresou o apoio da Xunta ao traballo que están a realizar os integrantes da Plataforma para el Impulso de la Logística del Noroeste, que hoxe reuniu na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago, aos representantes das principais organizacións empresariais e cámaras de comercio de Castela e León, Asturias, Cantabria e Galicia.
Destacou que o transporte de mercadorías hoxe non é entendible sen falar de intermodalidade e, en base a iso, débense adoitar soluciones de transporte eficientes, con estratexias loxísticas conxuntas, permitindo que os diferentes operadores e sectores aproveiten as súas sinerxías.
A titular do departamento de infraestruturas manifestou a confianza do Goberno galego nas capacidades que ten o Noroeste peninsular no eido da loxística e, nese senso, incidiu na importancia de que as comunidades autónomas saiban aproveitar e loitar unidas para acadar ese recoñecemento.
Sinalou que desde a Xunta vense con moi bos ollos unións coma as desta Plataforma, por enriba de fronteiras autonómicas, para facer fronte común. A unión, subliñou, é o camiño do éxito, a aquí referiu a última “batalla” da Xunta neste ámbito, que permitiu conseguir que o Noroeste peninsular fose integrado no Corredor Atlántico Ferroviario de Mercancías.
Expresou o convencemento de que a unidade das comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León foi a clave para conseguir que, o pasado mes de xuño, a Comisión Europea elevase ao Parlamento Europeo a súa proposta de novo regulamento do mecanismo “Conectar Europa”, e na que se propón unha nova liña ferroviaria desde Palencia que, pasando por León, chegue a Asturias y Galicia. Isto, continuou dicindo, permitirá sacar o máximo proveito aos nosos portos e aeroportos, como nodos loxísticos de alcance mundial, mediante unha conexión ferroviaria co resto de España e de Europa, que inda teñen marxe de mellora. Detallou algunhas das principais actuación que se están a acometer desde a Xunta no eido da loxística. Nese senso, referiuse ás distintas plataformas dispoñibles para a implantación de empresas, e destacou o impulso que se está a dar á Plisan, que está chamada a ser o principal nodo loxístico de mercadorías do sur de Galicia.
Falou tamén do importante esforzo de coordinado realizado co Ministerio de Fomento pola mellora de estradas de Galicia, tanto na interior, como na Autovía del Cantábrico. E explicou que ademais a Xunta segue facendo un seguimento exhaustivo dunha tarefa fundamental do Goberno central, como é conexión ferroviaria dos portos exteriores de Ferrol e A Coruña.
Concluíu a súa intervención reiterando a disposición do Goberno galego a continuar traballando conxuntamente coas demais comunidades autónomas, para seguir acadando logros ante o camiño que segue por percorrer.
- Te recomendamos -