Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta a confianza da Xunta no cumprimento dos prazos para...

Ethel Vázquez salienta a confianza da Xunta no cumprimento dos prazos para o remate do AVE a Galicia co obxectivo de que a finais de 2019 estean en probas os primeiros trens

0

Vázquez Mourelle subliña que cómpre seguir avanzando no impulso da variante exterior de Ourense para garantir unha liña de alta velocidade completa


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe a confianza da Xunta no cumprimento dos prazos para o remate do AVE a Galicia co obxectivo de que a finais de 2019 estean en probas os primeiros trens. Así o manifestou no foro organizado polo grupo La Región baixo o título As dúas caras do AVE. Desenvolvemento da obra e impacto socioeconómico, no que a conselleira se encargou de introducir a conferencia da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.

Vázquez Mourelle subliñou que cómpre que tamén se siga avanzando no impulso da variante exterior de Ourense para garantir, a medio prazo, unha liña de alta velocidade completa.

Destacou a relevancia de que a alta velocidade ferroviaria conecte a capital co resto de cidades de Galicia e resulta imprescindible prestar o mellor servizo a través dos trens AVRIL, compatibles cos distintos anchos de vía, preparados tamén para circular entre Ourense e Santiago e con garantías de conexións competitivas en alta velocidade con Madrid.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade salientou tamén a importancia do traballo que se comprometeu a desenvolver Adif para mellorar a liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, de forma que tamén os cidadáns de Lugo poidan verse beneficiados pola alta velocidade.

Na súa intervención, a conselleira destacou como o Goberno galego colabora co Adif ao máximo, co obxectivo de que todo este proceso se vexa completado con melloras nas infraestruturas do transporte.

Así referiuse ás estacións intermodais que ambas administracións están a impulsar nas cidades galegas en colaboración cos concellos, co obxectivo de favorecer os desprazamentos dos cidadáns e potenciar o uso do transporte público, así como aproveitar ao máximo as potencialidades que ofrece o AVE.

Este traballo conxunto ten permitido comezar a facer realidade estes proxectos, con obras xa en marcha nas estacións intermodais de Santiago e Ourense, así como en Vigo a través do Centro Vialia.


- Te recomendamos -