Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que o próximo verán estará á disposición dos veciños...

Ethel Vázquez avanza que o próximo verán estará á disposición dos veciños de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, a nova rede de saneamento, cun investimento de 700.000 euros

0

Vázquez Mourelle explica que a nova rede terá unha lonxitude superior aos 3 km de tubaxe e se ampliará a capacidade da depuradora existente ata os 500 habitantes equivalentes, deixándoa preparada para futuras incorporacións


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou hoxe a 2ª fase das obras que estenderán a rede do saneamento a tres núcleos da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, que estará ao servizo dos veciños o vindeiro verán, tras o investimento autonómico duns 700.000 euros.

Vázquez Mourelle explicou que a nova rede terá unha lonxitude superior aos 3 km de tubaxe. Precisou que tamén se procederá a un redimensionamento da EDAR existente, ampliando a súa capacidade ata os 500 habitantes equivalentes e deixándoa preparada para futuras incorporacións doutros núcleos.

Estas actuacións dan continuidade a unha 1ª fase de mellora do saneamento e depuración nestas parroquias que a Xunta levou a cabo no ano 2015, cun orzamento de 436.000 euros que permitiu construír unha nova depuradora, dotar de saneamento a dous núcleos de San Mamede e executar as instalacións para a futura conexión doutros núcleos.

A titular de Infraestruturas salientou o apoio da Xunta ao Concello de Vedra para dotar aos seus veciños dun sistema eficaz de saneamento, que se traduce en actuacións e investimentos que ascenden a máis dun millón de euros destinados a este proxecto.

Subliñou a aposta do Executivo autonómico por avanzar e contribuír na importante tarefa do saneamento e na mellora e conservación das masas de auga, algo prioritario, xa que é un dos bens máis prezados que cómpre preservar e conservar.


- Te recomendamos -