Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que Cerdedo-Cotobade disporá xa este ano de dúas vivendas...

Ethel Vázquez avanza que Cerdedo-Cotobade disporá xa este ano de dúas vivendas sociais grazas á rehabilitación das primeiras vivendas de mestres mentres se licitan as obras das oito restantes

0

Vázquez Mourelle, acompañada polo rexedor municipal, Jorge Cubela, supervisou esta mañá as obras de rehabilitación e ampliación das vivendas, que destacarán pola eficiencia enerxética


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Concello de Cerdedo-Cotobade, que a finais de este ano estarán rematadas as obras de rehabilitación de 2 antigas casas de mestres destinadas a vivendas sociais, ás que se sumarán as oito pendentes de rehabilitar, e cuxa licitación está prevista tamén para este mesmo 2018.

Vázquez Mourelle, acompañada polo rexedor municipal do ´municipio pontevedrés, Jorge Cubela, supervisou esta mañá as obras de rehabilitación e ampliación que o departamento que dirixe está a executar en dúas antigas vivendas de mestres, situadas na rúa Longas 23-43, de 2 dormitorios e arredor de 90 m2, para destinalas ao alugueiro de fogares con ingresos limitados.

A conselleira destacou a eficiencia enerxética que caracterizará as novas vivendas.

Sinalou que a intervención da consellería neste concello abarca a rehabilitación de 10 antigas vivendas de mestres, que están desafectadas do Colexio Público San Xoán Bautista de Cerdedo, que inclúen a rehabilitación exterior coa mellora da eficiencia enerxética da envolvente e das instalacións.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

A titular de infraestruturas explicou que as obras destes 10 inmobles, cun investimento total superior aos 1,1 millón de euros, divídense en dúas fases. Nesta primeira se están a levar a cabo a rehabilitación de 2 antigas vivendas, cuxas obras está previsto rematar a finais deste mesmo ano, mentres que na 2ª fase executarase a rehabilitación das 8 vivendas de promoción pública restantes, cuxas obras se licitarán tamén neste ano 2018.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda referiu que as obras no conxunto das 10 vivendas –construída coma residencia de mestres- consisten na rehabilitación das vivendas existentes, que inclúe unha pequena ampliación en planta baixa, dotándose dunha zona para lavado-tendal no patio.

Ethel Vázquez destacou finalmente que estas axudas forman parte da estratexia de fomento da rehabilitación que promove a Xunta, cun triplo obxectivo: social, polo que supón para dar facilidades de acceso á vivenda ás familias; de potenciación e desenvolvemento do medio rural, porque esta liña de axudas vai destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes, contribuíndo a fixar poboación no rural; e económica e ambiental, dado que a rehabilitación é máis sostible que a construción de vivenda nova, ademais xera máis emprego por euro investido.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

- Te recomendamos -