Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que a próxima primavera os veciños de Castrelo de...

Ethel Vázquez avanza que a próxima primavera os veciños de Castrelo de Miño e Ribadavia disporán dunha ponte sobre o Miño con imaxe renovada, cun investimento de 726.000 euros

0

Vázquez Mourelle sinala que o acondicionamento da ponte metálica respectará a súa configuración inicial e asegura e garante a súa conservación e durabilidade

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a próxima primavera os veciños de Castrelo de Miño e de Ribadavia poderán desfrutar dunha ponte sobre o río Miño, que lucirá unha imaxe renovada logo dun investimento da Xunta de 726.000 euros.

Vázquez Mourelle, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, quixo comprobar a pé de obra os traballos de rehabilitación que está a realizar a Xunta nesta infraestrutura singular de comezos do século XX, a ponte metálica que salva o río Miño e que comunica os concellos de Castrelo de Miño e Ribadavia.

Tal e como explicou, esta intervención, executada ao 25 %, ten como obxectivo o acondicionamento e renovación da ponte mantendo a súa configuración inicial, asegurando a súa conservación e garantindo a súa durabilidade.

As obras nesta ponte, que quedou pechada ao tráfico rodado cando o departamento de Infraestruturas da Xunta construíu o novo viaduto sobre o Miño, se iniciaron a finais de setembro e teñen un prazo de execución de 6 meses.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

E, segundo subliñou, unha vez rematados os traballos, permitirá o transito a pé entre os dous municipios dunha forma máis cómoda e segura, así como a circulación de vehículos de menos de 20 toneladas.

Referiu que para conservar e preservar nas mellores condicións a ponte de Castrelo de Miño a rehabilitación que se están a levar a cabo inclúe melloras na estrutura metálica, nas bóvedas de pedra e tamén nos treitos da estrada de acceso á ponte. Concretou que na intervención levaranse a cabo traballos de limpeza da estrutura, que son os que se están a facer xa nestes momentos na parte dos estribos, e tamén se repararán e reconstruirán os petrís e os elementos da fábrica que estean deteriorados.

Indicou que na parte metálica, logo da súa limpeza, procederase a darlle protección contra a oxidación, que é o que se está a facer agora na parte superior, antes do pintado definitivo. E tamén se actuará sobre o firme a mellorarase a drenaxe, de cara a incrementar a durabilidade da ponte. Ademais, engadiu, colocarase varanda nos paseos laterais, para favorecer o paso peonil en condicións de maior seguridade.

Leer más:  La niebla dificulta el tráfico en la A-8 entre Arroxo y O Someiro, en Lugo

Ethel Vázquez explicou que esta actuación forma parte da aposta que vén realizando o departamento de Infraestruturas da Xunta por manter nas mellores condicións as infraestruturas viarias de titularidade autonómica, algo prioritario porque se está a falar de seguridade viaria, da vida e da integridade das persoas.

Sinalou que estas obras se enmarcan, máis concretamente, no programa específico de seguridade e inspeccións de pontes e obras de paso que ten en marcha o departamento que dirixe, e a través das actuación de inspeccións periódicas e constantes que se realizan en todas as estruturas da rede de estradas de titularidade da Xunta.

Abundou en que este programa específico co que a Xunta supervisa de forma permanente o estado de viadutos e obras de paso permiten manter actualizada a información sobre o seu estado de conservación, e promover as actuacións preventivas necesarias para anticiparse a problemas futuros.

En definitiva, incidiu nun control permanente e actuacións de mantemento preventivo por parte da Xunta para garantir a seguridade dos usuarios e tamén de cara a incrementar a durabilidade destas infraestruturas.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Precisamente, concluíu, o que se está a facer nesta ponte sobre o Miño con esta rehabilitación integral para prolongar a súa vida útil e para conservar e poñer en valor o que xa é un elemento representativo do patrimonio e da historia de Castrelo de Miño e de Ribadavia.


- Te recomendamos -