Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza a licitación o vindeiro ano do treito da vía...

Ethel Vázquez avanza a licitación o vindeiro ano do treito da vía de altas prestacións Tui- A Guarda entre a A-55 e o enlace de acceso ao polígono de Areas

0

Vázquez Mourelle subliña que os orzamentos do vindeiro ano recollen unha partida de máis de 3 millóns de euros para impulsar esta infraestrutura viaria

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta licitará o vindeiro ano o treito da vía de altas prestacións Tui- A Guarda entre a A-55 e o enlace de acceso ao polígono de Areas.

Vázquez Mourelle concretou que a día de hoxe xa están pagados os depósitos previos e prevese ter redactado o proxecto este mesmo ano para, unha vez supervisado, contratar as obras.

Reiterou a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento desta vía de altas prestacións, xa que os orzamentos do vindeiro ano recollen unha partida de máis de 3 millóns de euros para continuar facendo realidade esta infraestrutura.

Lembrou que o Executivo autonómico achegou un investimento de 60 millóns de euros para a posta en servizo de 10 km entre Goián e A Guarda en época de fortes restricións económicas.

O Goberno galego é consciente da importancia estratéxica da VAP Tui-A Guarda para o desenvolvemento económico e social da zona, polo que sempre mantivo un compromiso claro coa execución desta infraestrutura.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

A Xunta deseñou unha estratexia de desenvolvemento, acordada cos alcaldes e empresarios da comarca, para facer viable a construción desta infraestrutura, dividindo o trazado ata Goián en subtreitos e prevendo a execución por fases, unha mellor vertebración do territorio e un menor impacto ambiental.

A finais de 2017 licitouse o contrato de servizo para a redacción do novo proxecto de trazado e a tramitación ambiental da reformulación do treito máis próximo a Goián, cun orzamento de 252.000 € e un prazo de execución de 24 meses.

A proposta de partida é variar o trazado da VAP na súa parte final, entre a PO-350 e Goián, aínda que, loxicamente será no proceso de avaliación de impacto ambiental e na aprobación do novo proxecto de trazado cando se poida resolver definitivamente se esta alternativa é a máis beneficiosa en termos ambientais, territoriais e sociais.

O obxectivo é avanzar no proxecto de desdobramento da recta de Figueiró, construíndo na parte máis próxima a Goián, nos 2 últimos quilómetros, unha autovía urbana con catro carrís e enlaces a nivel con rotondas, reducindo así a afección nas marxes da infraestrutura, ao minimizar o impacto na ribeira do Miño.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

Tamén se minimiza o impacto sobre as vivendas e se aumenta a conectividade co territorio, ao incrementar as conexións coa rede viaria existente entre a A-55 e Goián, mantendo a calidade da infraestrutura e a seguridade viaria.

Ethel Vázquez indicou que a pesar de que a Xunta considera esta proposta moi vantaxosa, cómpre aprobar un trazado con consenso social para poder completar esta infraestrutura estratéxica para o Baixo Miño.


- Te recomendamos -