As solicitudes deberán ser presentadas, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta
Este luns remata o prazo para participar nas dúas novas edicións do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa, organizados pola Fundación Galicia Europa.
A primeira parte das dúas edicións desenvolverase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 a 30 de novembro e a segunda parte terá lugar en Santiago os días 11 e 12 de decembro, para a primeira edición, e 13 e 14 de decembro, para a segunda a edición.
Cada edición contará con 20 prazas que poderán solicitar o persoal con relación laboral nalgunha das entidades membros do padroado da FGE, como Xunta de Galicia, ABANCA, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación de A Coruña, Deputación de Lugo e Axencia Galega de Innovación (GAIN), persoal con relación laboral nalgunha das entidades locais galegas ou de entidades p,ertencentes ao terceiro sector en Galicia, así coma persoal de entidades públicas ou privadas galegas sen ánimo de lucro.
As solicitudes deberán ser presentadas, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ao que deberá acompañar, entre outros documentos, autorización da entidade e memoria explicativa da motivación e interese da acción formativa. A presentación electrónica será obrigatoria para os empregados públicos.
- Te recomendamos -