Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afecta o parque natural do Invernadeiro, está estabilizado desde as 16,20 horas desta tarde.
O incendio comezou ás 08,54 h. desta mañá semella que producido por un raio. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 4 axentes, 16 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 5 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -