Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que o lume do concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro quedou estabilizado ás 17,55 h.
O incendio comezaba ás 17,31 h. de onte e todo parece indicar que foi provocado por un raio. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Participan no operativo 1 técnico, 9 axentes, 43 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións.
Control Chandrexa de QueixaDoutra banda, quedou controlado ás 15,59 h. o lume forestal declarado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteligo. Este incendio comezou ás 01,10 h. da madrugada de hoxe e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 23,4 hectáreas de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 axentes, 16 brigadas, 5 motobombas, 7 helicópteros e 2 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -