Inicio Galicia Educación publica o calendario escolar para o curso 2018/19, no que se...

Educación publica o calendario escolar para o curso 2018/19, no que se adiantan a xuño as probas extraordinarias de 2º de bacharelato

0

As clases de Infantil, Primaria e Educación Especial comezarán o 12 de setembro


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no DOG o calendario escolar para o vindeiro curso 2018/19, para os centros sostidos con fondos públicos, polo que se fixan os períodos lectivos e vacacións correspondentes.

Deste xeito, para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o día 12 de setembro de 2018 e rematarán o 21 de xuño de 2019; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 17 de setembro, que se alargará ata o 21 de xuño de 2019.

Así mesmo establécense como períodos vacacionais Nadal (desde o 22 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro de 2019 ambos inclusive); Entroido (os días 4, 5 e 6 marzo de 2019) e Semana Santa (desde o 13 ata o 22 de abril de 2019). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro.

Adaptación do calendario das probas extraordinarias de Bacharelato á ABAUO calendario escolar para o vindeiro curso tamén recolle a adaptación das datas das probas extraordinarias de 2º de Bacharelato ás previstas para a realización da proba de acceso á universidade (ABAU).

Polo tanto, as probas extraordinarias de 2º de Bacharelato (que tradicionalmente ata o de agora se realizaban en setembro nos centros) realizaranse entre o 17 e o 21 de xuño de 2019.

Deste xeito acomódanse perfectamente os calendarios do ensino non universitario e universitario logo do acordo da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) de adiantar ao mes de xullo a realización da proba extraordinaria de acceso á universidade (ABAU), que ata o momento se vén realizando en setembro.


- Te recomendamos -