Inicio Galicia Educación convoca 140 axudas para a mobilidade de universitarios a países extracomunitarios

Educación convoca 140 axudas para a mobilidade de universitarios a países extracomunitarios

0

Cada beneficiario recibirá un máximo de 1700 euros, 200 máis que o curso pasado


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2018/19. Esta acción ten como obxectivo favorecer o intercambio internacional dos estudantes, o que é moi positivo para o seu currículo e para a súa posterior incorporación ao mundo laboralO orzamento da convocatoria ascende a 238.000 euros, o que supón un 13% máis con respecto ao ano pasado. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1700 euros, 200 máis que no curso 2017/18. Por tanto, poderán acceder a estas axudas ata 140 estudantes que ao longo do curso 2018/19 participen en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar. Co fin de premiar o esforzo e a excelencia, o expediente académico será o único criterio para a concesión da axuda.

As solicitudes para as axudas deberán tramitarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441B, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das mesmas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será desde mañá mesmo e ata o 5 de setembro de 2018. Os detalles dos requisitos e demais información poden consultarse no seguinte enderezo electrónico: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180731/AnuncioG0164-190718-0002_gl.html.

Internacionalización do SUGO obxecto do programa, que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2011/12, é apoiar economicamente ao alumnado das universidades galegas que participan nun programa de mobilidade en países extracomunitarios.

Deste xeito, préstase apoio a unha experiencia que supón un importante factor de estímulo para a competitividade do sistema universitario e que leva consigo unha maior riqueza e a apertura a unha formación de mais calidade. A mobilidade permite, así mesmo, que o alumnado se integre nunha comunidade internacional e multicultural que mellorará os seus coñecementos profesionais e lingüísticos, así como a súa cualificación e opcións de futuro. 


- Te recomendamos -