Inicio Galicia Educación adxudica a ampliación do comedor do CEIP das fontiñas (Santiago), cuxas...

Educación adxudica a ampliación do comedor do CEIP das fontiñas (Santiago), cuxas obras comezarán nos vindeiros días

0

Esta actuación, que se prevé que estea rematada en outubro, suporá un investimento de preto de 193.000 €

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a ampliación e reforma do comedor do CEIP das Fontiñas (en Santiago) por un importe de case 193.000 € e un prazo de execución de 3 meses, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180628/AnuncioG0164-180618-0002_gl.html).

Logo da sinatura do contrato coa empresa adxudicataria, está previsto que as obras comecen nos vindeiros días, de xeito que poidan estar totalmente rematadas en outubro de 2018.

A actuación prevista abrangue a demolición de peches actuais da fachada, o tabicado interior de división do comedor actual, a execución de peches exteriores dunha zona destinada a patio, a cuberta da zona ampliada e os acabados e instalacións para adaptación do espazo de comedor.

As obras teñen como único obxectivo aumentar a superficie do comedor escolar, que pasará dos actuais 90,50 m2 a 201,20 m2 mais 9,50 m2 adicionais. Polo tanto a superficie dedicada a este servizo escolar pasa de mais do dobre, incrementándose en 126 m2 grazas ao emprego de micropilotes na cimentación.

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

Cómpre lembrar que esta obra foi planificada tendo en conta que existe un compromiso do Concello para conectar as dúas parcelas que ocupa o centro, e que na súa actual disposición causa unha serie de riscos para os alumnos usuarios do comedor escolar. Deste xeito, cambiarase a situación da saída actual ao exterior, buscando unha mais fácil e directa conexión ca futura pasarela de conexión.  


- Te recomendamos -