Inicio Galicia Díaz Mouteira presidiu hoxe a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial...

Díaz Mouteira presidiu hoxe a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais

0

A delegada territorial da Xunta participou no encontro no que se analizou a situación das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria e se definiron as áreas de cobertura dos distintos corpos de vixilancia e seguridade


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña de alto risco de incendios forestais que comezará, un ano máis, o vindeiro 1 de xullo.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participaron responsables da Policía Autonómica e Nacional, da Garda Civil e da Subdelegación do Goberno e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca o domingo, día 1 de xullo.

Díaz Mouteira apelou á responsabilidade dos cidadáns para que extremen as precaucións e fixo un novo chamamento á cidadanía para que denuncie calquera actividade delituosa que poida poñer en perigo a nosa riqueza forestal, xa que reiterou que 3 de cada 4 lumes son intencionados.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

Durante a reunión, analizouse a situación das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) caracterizadas polo número de incendios forestais reiterados (parroquias que tiveron unha media anual de 7 incendios ou máis nos últimos 5 anos) ou por unha gran virulencia dos lumes declarados. Na provincia de Ourense existen na actualidade 52 PAAI en 28 concellos.

Tamén se analizou o resultado das reunións que se foron realizando nas últimas semanas na provincia en relación a estas parroquias e nas que participaron tanto os alcaldes dos municipios que contan con estas áreas, as comunidades de montes afectadas, os corpos e forzas de Seguridade do Estado así como outros colectivos, como os cazadores.

Ademais, definíronse as zonas de cobertura de cada corpo de cara a temporada alta de incendios, marcándose as responsabilidades da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Nacional, así como a distribución das patrullas terrestres do ministerio de Defensa.

Por outra banda, durante a xuntanza incidiuse na importancia do control das franxas de seguridade próximas aos núcleos de vivendas, así como o control e vixilancia do arborado próximo a casas e vías principais. 

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

- Te recomendamos -