A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu este mediodía á festa do Galo Pica no Chan, Becerro ao Espeto e Sopas do Burro Canso que se celebrou no concello de Muíños. Os asistentes a esta celebración gastronómica, que tivo lugar no polideportivo de Mugueimes, puideron gozar dun menú en cazola de barro composto por galo, empanada, pan e bica tradicional, ademais das tradicionais sopas de "burro canso".
- Te recomendamos -