Inicio Galicia Declaración do Goberno galego polo Día de Europa

Declaración do Goberno galego polo Día de Europa

0


Cada 9 de maio recordamos a Declaración Schuman, que hai 68 anos sentou as bases da integración europea. En 1950, o daquela ministro francés de Relacións Exteriores, Robert Schuman, impulsou a creación da primeira Comunidade Europea, a do Carbón e o Aceiro. Son moitos, e moi positivos, os avances que se produciron ata o presente, pero son tamén moitos os retos aos que o proxecto europeo debe agora facer fronte. Galicia, como parte intrínseca deste proxecto, asume estes retos como propios e traballa co Estado e outras rexións europeas para afianzalo.

Atopámonos nun contexto de intenso debate sobre como debe ser a Unión Europea do futuro. Unha Europa que, por primeira vez na súa historia, perderá un Estado membro en lugar de seguir sumando. Fronte a proliferación de posicionamentos que desvirtúan a idea inicial dos pais fundadores, en Galicia queremos unha Unión máis consistente, forte e democrática que avance guiada polos valores de igualdade, liberdade e Estado de Dereito.

E para isto, debemos traballar en cooperación entre todos os niveis de goberno. Agora que se está a debater sobre como Europa podería “facer menos pero de forma máis eficiente”, é momento de identificar cal é o nivel de actuación máis conveniente para aportar solucións: europeo, nacional, rexional ou local. A Unión Europea non pode enfrontarse soa aos desafíos globais actuais como o cambio climático, a evolución demográfica ou a seguridade. A asociación entre os diferentes niveis de goberno é clave. Lonxe de provocar disensións, a chamada “gobernanza multinivel” debe servir para dar respostas concretas aos cidadáns.

Leer más:  Una persona fue liberada después de quedar atrapada por el cinturón de seguridad en un accidente en Vilagarcía (Pontevedra)

Estas respostas, xunto cos resultados tanxibles do construído ata agora, son os elementos que poden devolver a confianza cidadá no proxecto europeo. E por resultados non debemos pensar só nas infraestruturas ou nos millóns de euros investidos pola UE, senón nos 60 anos consecutivos de paz en Europa, no alto grado de protección social do que gozamos ou nos miles de mozos que tiveron a oportunidade de estudar noutro país europeo e volveron con ideas novas para aplicar en Galicia. Este europeísmo, que apele aos feitos e ás emocións sen limitarse ás cifras, é o que necesitamos para retomar con forza a construción europea.

Esta nova Europa, máis eficaz e selectiva, reflíctese na proposta de orzamento plurianual presentada hai unha semana, a cal trata de acomodar as novas prioridades europeas como a defensa ou a migración coas políticas tradicionais da UE- Agricultura e Cohesión- e o reforzo da innovación e a mobilidade dos mozos. Neste marco, dende a Xunta de Galicia seguimos a traballar para que as dúas grandes políticas comunitarias – continúen contando cunha dotación suficiente que responda ás nosas necesidades para os anos 21 a 27.

Leer más:  Miles de personas claman bajo la lluvia en Santiago contra "el año de masacres y destrucción" de Israel a Palestina

Co obxectivo de asegurar á sociedade galega unha participación activa no proceso de construción comunitaria, contamos coa nosa presenza en Bruxelas a través da Fundación Galicia Europa. Unha presenza que, en 2018, cumpre 30 anos nos que ten amosado ser un importante instrumento para achegar Galicia a Europa, formando a medio millar de mozos, axudando a comprender a evolución das políticas e, en suma, facilitando a participación galega no debate europeo. Nestes momentos en que a Unión Europea volve reinventarse, dende Galicia non podemos deixar de contribuír a esta reflexión pois Europa é unha das garantías máis firmes para lograr un mellor futuro para a cidadanía.


- Te recomendamos -