Daniel Formoso é o patrón maior da confraría de pescadores de Muros
Os patróns e vicepatróns maiores das confrarías de pescadores da provincia da Coruña reuníronse hoxe para elixir os órganos de goberno da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.
A xornada electoral desenvolveuse sen incidencias, sendo elixidos nesta xunta xeral o presidente, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos. Tamén foron elixidos os tres vogais que representarán á federación provincial no comité executivo da Federación Galega de Confrarías.
Este proceso é unha continuación do iniciado coa elección dos 63 patróns e vicepatróns maiores nas outras tantas confrarías de pescadores e amosa a madurez democrática do sector á hora de elixir aos seus representantes. No caso das federacións provinciais de confrarías de pescadores de Lugo e Pontevedra, os comicios serán o vindeiro 9 de novembro.
Na seguinte táboa resúmense os resultados destes comicios:
- Te recomendamos -