Inicio Galicia Cultura e Turismo apoia a preto de 200 empresas galegas no seu...

Cultura e Turismo apoia a preto de 200 empresas galegas no seu proceso de certificación da marca Q de Calidade Turística

0


Un total de 172 empresas do sector turístico galego foron as beneficiarias da convocatoria de axudas convocadas este ano pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, para a certificación da marca Q do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), como así se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Estas axudas supoñen un impulso para establecementos de turismo rural e hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios no seu proceso de acreditación da súa excelencia turística.

O procedemento de concesión tramitouse en réxime de concorrencia competitiva e as axudas inclúen o impulso ás actuacións para a mellora da calidade mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes a 2018 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2018.

En concreto, estas axudas subvencionan os custes de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE e tamén os custes derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2018, unha vez conseguida a certificación, o seguimento e/ou a renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

Líderes en excelenciaNa súa aposta pola excelencia, a Consellería de Cultura e Turismo convocou estas axudas avanzando así en dúas direccións: na consolidación dun destino cada vez máis competitivo e no interese por ofrecer aos viaxeiros o mellor servizo posible como parte da vontade dos galegos por brindar sempre a mellor acollida aos que visitan a Comunidade galega.

Galicia vén liderando en España varios segmentos turísticos con máis Q de Calidade. En concreto, seis de cada dez instalacións náutico deportivas con Q de Calidade en España están en Galicia. No turismo rural, a metade dos establecementos de hospedaxe recoñecidos son galegos. O mesmo sucede cos servizos e infraestruturas de turismo industrial (46%), do turismo activo (37,5%) e cos balnearios (23%). 


- Te recomendamos -