Inicio Galicia Cores Tourís visita o concello de Oia para anunciar a mellora do...

Cores Tourís visita o concello de Oia para anunciar a mellora do pavimento das beirarrúas que unen o consistorio e a escola infantil

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recolleu a demanda da alcaldesa, Cristina Correa solicitou novas beirarrúas no entorno da casa consistorial, dentro do proxecto de senda que se vai a executar nesta estrada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Oia para anunciar a posta en marcha dos traballos de mellora do pavimento das beirarrúas que enlazan o consistorio e a Escola Infantil da localidade.

Na visita estivo acompañado do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, así como do xefe da Axencia de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez.

As obras terán un orzamento de 9.000 euros e permitirán renovar o pavimento existente con mestura bituminosa de pequena granulometría ao longo de 280 metros.

Tamén se instalará unha varanda para mellorar a seguridade dos viandantes.

Durante a visita tamén analizouse o proxecto de execución dunha senda na marxe esa esquerda desta estrada ao longo de 334 metros, que contará cun orzamento de 46.000 euros. Neste senso, a alcaldesa, Cristina Correa trasladoulle ao delegado territorial a necesidade de que nesa senda se engadan tamén beirarrúas, un aspecto que será analizado polos técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.  


- Te recomendamos -