O delegado territorial da Xunta en Pontevedra insistiu en que a Consellería de Infraestruturas mantén o seu compromiso coas estradas do concello do Condado
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o compromiso da administración autonómica coa mellora da avenida de Castelao en Ponteareas e recordou que os traballos iniciaranse despois das festas de Nadal para non prexudicar ao tráfico nin ao comercio local.
A actuación iniciarase o 14 de xaneiro. Cores Tourís insistiu no feito de que “en ningún momento a administración autonómica tivo intención algunha de retrasar estas obras. Para nós o máis importante son os cidadáns, e consideramos que non é o momento adecuado para poñer en marcha estes traballos, en plenas festas de Nadal, e máis cando xa existen varias rúas cortadas no centro da cidade por mor de obras que está a levar a cabo o concello, e o comercio local está a verse afectado nunha época de importante aumento das vendas”. Ademais, o delegado territorial tamén recordou que Ponteareas é cabeceira de comarca, e por tanto, o lugar elixido por moitos veciños dos concellos limítrofes para facer as súas compras nestas datas.
A actuación executarase con medios da conservación de estradas, que programa o seu traballo segundo a carga que ten en cada momento.
As obras consistirán na execución dun paso sobreelevado no quinto quilométrico 10+600 da PO-403. Tamén se levará a cabo un pequeno tramo de beirarrúa na marxe esquerda da estrada, nun punto que carece del, próximo á intersección coa N-120.
- Te recomendamos -