Inicio Galicia Cores Tourís comproba o remate dos traballos de mellora na contorna da...

Cores Tourís comproba o remate dos traballos de mellora na contorna da praia fluvial de Ponte Verdugo na Lama

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que estas obras, que contaron cun orzamento de case 60.000 euros, e están a piques de rematar


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a praia fluvial de Ponte Verdugo na Lama, onde están a piques de rematar os traballos de mellora da contorna, executados a través dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia.

Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Jorge Canda.

As obras, que tiveron un orzamento de case 60.000 euros, permitiron poñer en valor un dos máximos atractivos turísticos deste concello da comarca de Pontevedra, ao que acoden moitos veciños e visitantes durante a época estival. Deste xeito, adecuouse o espazo natural, creouse unha zona de aparcadoiro e melloráronse os servizos.“Os traballos supuxeron a posta en marcha dun conxunto de accións que organizan e regulan os accesos e mellorarán, sen dúbida, a experiencia dos usuarios deste fermoso enclave de lecer”, explicou Cores Tourís, quen destacou a mellora en canto a accesibilidade no entorno, con lousado para persoas con discapacidade visual e varandas.

Este convenio firmouse dentro do decidido apoio da Axencia de Turismo de Galicia á promoción e o fomento do sector turístico galego, que supón a posta en marcha de medidas definidas para a promoción e fomento do sector turístico.


- Te recomendamos -