Inicio Galicia Cores Tourís clausura o obradoiro ?Forme 17? de Vilagarcía de Arousa...

Cores Tourís clausura o obradoiro ?Forme 17? de Vilagarcía de Arousa destinado a carpintería e fontanería

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou a este programa 280.000 euros, beneficiándose 20 desempregados

Vilagarcía (Pontevedra), 28 de xuño de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na clausura do obradoiro ordinario de emprego que se levou a cabo nos últimos meses en Vilagarcía e no que se formaron 20 desempregados. No acto, o delegado estivo acompañado do alcalde da localidade, Alberto Varela.

O obradoiro “Forme 17” foi ordinario e favoreceu a un total de 20 desempregados en Fontanería e Carpintería. Esta iniciativa tivo unha duración de 9 meses, cun investimento procedente da administración autonómica de case 280.000 euros.“Forme 17” estivo destinado a formar aos alumnos na elaboración e mantemento de mobiliario para a revalorización dos espazos públicos e no mantemento e reparación de elementos de fontanería tanto no Parque da Ravella, como nos do Castriño, Compostela, A Coca, Parques de Carril e Vilaxoan, Xunqueira, zonas peonís do casco urbano e zonas rurais, así como na sede do obradoiro, na Escola de Música, no conservatorio de musica, na biblioteca municipal e nas Axencias de Lectura e instalacións deportivas municipais.

O seu obxectivo último foi a conservación do mobiliario urbano tanto exterior como nas dependencias interiores do Concello, o que implica a optimización dos recursos propios e o aproveitamento redundando na prestación de servizos á cidadanía en condicións de calidade.

O delegado territorial recordou a importancia de iniciativas de formación como as que hoxe se clausuran para que “os máis novos e as persoas con maiores problemas de reinserción laboral atopen un emprego”. Deste xeito, Cores Tourís recordou que nos últimos anos, máis de 200 desempregados beneficiáronse de obradoiros no concello de Vilagarcía, entre alumnos, titores, profesores e administrativos. En total, a Consellería de Economía destinou máis de 1,5 millóns de euros a este fin no concello arousán, onde se desenvolveron obradoiros de atención sociosanitaria, mellora de montes, xardinería, carpintería, páxinas web, dinamización de tempo libre e actividades deportivas.

A Xunta puxo en marcha nos últimos meses 83 obradoiros, 23 deles na provincia de Pontevedra por un importe de 5,5 millóns de euros a través dos que 425 beneficiarios recibiron formación e un contrato de traballo.

Trátase dunha iniciativa, enmarcada na Axenda 20 para o Emprego, que o Goberno galego leva a cabo en colaboración cos concellos e que, polo tanto, fomenta a cooperación institucional. Desenvolvéronse así 59 obradoiros xerais e 24 específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil para seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica. En total, na provincia de Pontevedra leváronse a cabo 16 obradoiros xerais e 7 específicos, dos cales 6 desenvolvéronse no Salnés: 2 en Vilagarcía, 2 na Mancomunidade, un en Cambados e outro en Vilanova de Arousa.  


- Te recomendamos -