Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Penouta, ás 17,58 h.
O incendio comezou ás 12,20 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 30 hectáreas. No operativo de extinción traballan 4 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -